CONCERTOS 2011

6 febreiro: Furancho Matamáfolc (sesión vermú)



Concertos 2010
30 abril: Noites de Tasca (Ordes)
16 maio: Castrelos (Vigo)
18 maio: CEIP "Outeiro das Penas" (Cesantes-Redondela)
6 xuño: Paraños
25 xuño: Silvoso (Pontecaldelas)
26 xuño: Cesantes
3 Xullo: A Baña
31 xullo: Valadares (Vigo)
7 agosto: Vilanova (O Hío)
20 agosto: Acevedo (Pontesampaio)
28 agosto: Carballo
4 setembro: Feira Franca (Pontevedra)







Mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está este traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país, da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan "que nin dios", senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, "¡Sen tempo non era!". Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas ... sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, descomunal, rotunda ... ¡rachada! De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a "Montealegre". CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: "pra vós estamos nós", que diría o Ghaiteiriño de Aldán.
¿Sabedes o que vós dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? "Ti, pa min, xa vales". Sempre en Galiza, sempre ... ¡EN GALEGO!

Xosé Bieito Álvarez Lobariñas


NOVO DISCO XA Á VENDA

Quen somos

Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.
Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión.
No ano 1998 gravamos o noso primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo facemos un resumo dos nosos primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados e os máis antigos romances ou pezas populares.
Pasan catro anos e no 2002 gravamos o noso segundo traballo chamado Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Incluímos novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguimos a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das nosas melodías.
Desta maneira chegamos ó 2005, e pasado o décimo aniversario, celebrámolo gravando o terceiro disco Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.
Os Carunchos acabamos de editar o noso cuarto traballo, da man de PAI Música, titulado "En Galego"

OS CARUNCHOS somos:
Luis E. Correa Piñeiro
Pilar Gonçalves Barreras
Pablo Rial Salqueiro
Guillerme Rivas Fervenza
Isaac Teniente Molinos
Berto Costas Comesaña

En todos estes anos temos compartido escenario cos máis importantes grupos de música galega: Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira, Luar na Lubre, ...

Para rematar, algúns dos festivais nos que temos participado:

Festival de Pardiñas
Herba e Son
San Froilán
Festival de Bretoña
Festival Internacional de Ordino (Andorra)
Festival de Leiloio
Festival folk de Vilariño
Festa do S. Joao de Évora (Portugal)
IV Festival da Terra e da Lingua
II Festival Internacional de folclore de o Fundao (Portugal)